Asemblea Constituínte Rusa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asemblea Constituínte Panrusa (ruso: Всероссийское Учредительное собрание, Vserossíyskoie Uchredítelnoie sobrániie) foi un corpo constitucional democraticamente elixido, que se constituíu en Rusia logo da Revolución de Outubro de 1917.
Malia as promesas do Goberno Provisional Ruso, os preparativos para as eleccións foron lentos e as datas para as votacións atrasáronse en varias ocasións. Para cando finalmente estas tiveron lugar, o Goberno provisional fora derrocado polos bolxeviques.
Reuniuse ao longo de 13 horas, desde as 4 da tarde do 5 de xaneiro ata as 4 da mañá do 6 de xaneiroxul./ 19 de xaneiro de 1918greg., e foi elixida e disolta polo Goberno bolxevique, é dicir, o Consello de Comisarios do Pobo ou Sovnarkom.