CB Estudiantes
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Club Baloncesto Estudiantes S.A.D, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Movistar Estudiantes, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Madrid (España). Fundado en 1948 por un grupo de alumnos do Instituto Ramiro de Maeztu era, até o seu descenso en 2021, o único club que participou sempre na máxima categoría do baloncesto español xunto co Real Madrid e o Joventut de Badalona. Entre os trofeos conquistados, destacan tres Copas do Rei e unha Copa Príncipe de Asturias.
Movistar Estudiantes | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | LEB Ouro |
Alcume | Estu |
Fundación | 1948 |
Historia | Ramiro de Maeztu (1948) |
Cores | Azul, negro |
Presidente | Fernando Galindo |
Adestrador | Javier Zamora |
Patrocinador | Movistar |
Localización | |
Cidade | Madrid, España |
Pavillón | WiZink Center |
Capacidade | 17 453 |
Inauguración | 6 de febreiro de 2005 |
Campionatos | |
Copa do Rei | 3 (1962, 1992, 2000) |
Copa Príncipe | 1 (1986) |
clubestudiantes.com |
O pavillón onde xogan os seus partidos como local é o Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid, no presente coñecido polo nome de WiZink Center. O recinto, que foi inaugurado no ano 2005 e que comparte co Real Madrid, conta con capacidade para 17 453 espectadores. O Estudiantes é coñecido tamén polas súas categorías de formación de xogadores, formando a xogadores e adestradores que teñen sido campións do mundo, medallistas olímpicos ou xogadores da National Basketball Association (NBA).