Disco circunestelar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un disco circunestelar é un toro ou acumulación con forma de anel de materia composta de gas, po, planetesimais, asteroides ou fragmentos de colisión que está en órbita arredor dunha estrela. Arredor de estrelas máis novas, encóntranse os reservorios de materiais a partir dos que se forman os planetas. Os discos arredor das estrelas maduras indican que a formación de planetesimais tivo lugar aredor de ananas brancas, o que implica que o material planetario sobreviviu durante toda a evolución estelar. Ditos discos poden manifestarse de diversas maneiras.