Exina, Grecia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Exina (grego antigo Αἴγινα Aígina, grego moderno Αίγινα Éyina) é unha das illas de Grecia situada no medio do golfo Sarónico, entre as illas de Salamina ao norte, Angistri ao oeste e Poros ao sur; áchase a unha decena de quilómetros da costa nordés da península de Methano, no Peloponeso, e ao suroeste do Pireo, porto do cal dista uns 20 km.
Exina | |
---|---|
Αίγινα | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferias de Grecia | Ática |
Arquipélago | Illas Sarónicas |
Mar | Mar Mediterráneo |
Coordenadas | 37°45′N 23°26′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 87´41 km² |
Punto máis alto | 531 m. Monte Oros |
Demografía | |
Capital | Exina |
Poboación | 13.056 hab. (2011) |
Densidade | 150 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
O xentilicio dos habitantes desta illa é exineta. A illa é famosa polo seu templo de Afaia, un dos tres templos do triángulo sacro formado polo Partenón, o Templo de Poseidón do cabo de Sunión, e o templo de Afaia. Foi durante moito tempo unha gran rival de Atenas, tanto na Antigüidade como ao principio do século XIX. Exina foi unha das primeiras cidades marítimas e comerciais da Grecia Antiga: tivo a primeira mariña de Grecia e foi a primeira cidade en acuñar moeda. Foi a primeira capital (1828-1829) de Grecia que loitou pola súa independencia e o novo Estado grego fixo acuñar alí as súas primeiras moedas. A illa é tamén a principal produtora de pistachos de Grecia, e a maior exportadora a nivel mundial.
Segundo a tradición considérase que o seu nome deriva da ninfa Exina, nai de Éaco, quen naceu na illa e foi o seu rei.