Fibra óptica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fibra óptica (FO, en inglés Optical Fiber, OF) é un filamento transparente e delgado, usualmente feito de vidro ou plástico para transmitir sinais de luz a través de centos ou miles de quilómetros. A fibra óptica é un dos elementos clave na revolución das telecomunicacións ópticas.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
A fibra óptica é un medio de transmisión, empregado habitualmente en redes de datos e telecomunicacións, consiste nun fío moi fino de material transparente, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos para transmitir. O feixe de luz queda completamente confinado e propágase polo interior da fibra cun ángulo de reflexión por encima do ángulo límite de reflexión total, en función da lei de Snell. A fonte de luz pode ser un láser ou tamén díodo led. As fibras utilízanse amplamente en telecomunicacións, xa que permiten enviar gran cantidade de datos a unha gran distancia, con velocidades similares ás da radio e superiores ás dun cable convencional. Son o medio de transmisión por cable máis avanzado, ao ser inmune ás interferencias electromagnéticas, e tamén se utilizan para redes locais onde se necesite aproveitar as vantaxes da fibra óptica sobre outros medios de transmisión.