Hurling
deporte de equipo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O hurling (en irlandés, iomáint o iománaíocht) é un deporte de equipo de orixe celta.[Cómpre referencia] É un deporte de equipo xogado ao aire libre con orixe antiga Irlanda. Está rexido pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). A orixe do hurling dise que foi hai xa 3000 anos e considérase que é o deporte de campo máis rápido do mundo. Ao ser un deporte gaélico este xogo comparte moitas características co fútbol gaélico, tantas, que o campo, o número de xogadores e o obxectivo son os mesmos. O xogo practícase principalmente en Irlanda e parécese ao shinty, que se xoga en Escocia. Existe unha versión feminina do xogo, que se coñece como camogie. Xógase con paus (hurley/camáin) mediante os cales golpéase unha pelota (sliotar). O obxectivo do xogo é que os xogadores que usan un pau de madeira chamado hurley para golpear unha pequena pelota denominada sliotar entre os postes do opoñente, xa sexa por riba do traveseiro para gañar 1 punto, ou por debaixo do traveseiro nunha rede defendida por un porteiro para conseguir 3 puntos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2015.) |
O hurling xógase en todo o mundo, e é popular entre os irlandeses emigrados en América do Norte, Europa, Nova Zelandia, Arxentina, Suráfrica e Australia. A final do All-Ireland enumérase en 2º lugar segundo a CNN nos seus "10 eventos deportivos que hai que ver en directo" despois só dos Xogos Olímpicos e por diante da Copa do Mundo da FIFA e da Copa de Europa.