Invasión de Polonia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A invasión de Polonia foi unha acción militar da Alemaña nazi encamiñada a anexarse o territorio polaco. A operación técnica, coñecida como Fall Weiss (en galego, Caso Branco), iniciouse o 1 de setembro de 1939 e as últimas unidades do exército polaco rendéronse o 6 de outubro dese mesmo ano. Foi o detonante da segunda guerra mundial en Europa e acabou coa Segunda República Polaca.[1]
Invasión alemá de Polonia | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de fronte oriental da segunda guerra mundial | |||||||||||||
De esquerda a dereita: a Luftwaffe prepárase para bombardear Wielun, o SMS Schleswig-Holstein ataca ao Westerplatte, os soldados das Wehrmacht destrúen o posto fronteirizo polaco-alemán, tanques alemáns e a formación de vehículos blindados, as tropas alemás e soviéticas danse a man tras a invasión. | |||||||||||||
| |||||||||||||
Belixerantes | |||||||||||||
Alemaña nazi República Eslovaca |
Polonia | ||||||||||||
Líderes | |||||||||||||
Fedor von Bock Gerd von Rundstedt Ferdinand Catloš |
Edward Rydz-Smigly Tadeusz Kutrzeba | ||||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||||
Forzas alemás • 1 500 000 soldados • 2750 tanques • 9000 canóns • 2315 avións Exército eslovaco • 51 306 soldados |
Forzas polacas • 950 000 soldados • 880 tanques • 4300 canóns • 400 avións | ||||||||||||
Baixas | |||||||||||||
• 16 343 mortos • 30 322 feridos • 3404 desaparecidos |
• 66 300 muertos • 133 700 heridos • 694 000 prisioneiros |
A invasión de Polonia foi a primeira das agresións bélicas que a Alemaña de Hitler emprendería. O exército polaco foi facilmente derrotado, ao non poder facer fronte ás superiores tropas xermanas que estaban a usar a súa famosa técnica chamada blitzkrieg (‘guerra lóstrego’), baseada no movemento rápido dos blindados e a máxima potencia do fogo brutalmente aplicada. Con todo, a caída de Polonia sería acelerada pola posterior invasión por parte da Unión Soviética o 17 de setembro e a ausencia de axuda dos seus aliados Reino Unido e Francia.
A caída de Polonia significaría a caída abrupta dos estándares de vida dos seus cidadáns, especialmente dos polacos xudeus, morrendo un 20 % da poboación polaca existente antes da invasión durante a ocupación.