Lady Gregory
From Wikipedia, the free encyclopedia
Isabella Augusta Gregory (nada Persse), máis coñecida coma Lady Gregory, nada en Roxborough, Galway o 15 de marzo de 1852 e finada o 22 de maio de 1932, foi unha dramaturga, folclorista e directora de teatro irlandesa. Xunto a William Butler Yeats e Edward Martyn co-fundou o Teatro Literario de Irlanda e o Abbey Theatre, escribindo gran cantidade de obras curtas para ámbalas dúas compañías. Lady Gregory produciu unha serie de libros de recontos de historias tomadas da mitoloxía irlandesa. Nada baixo o seo dunha familia burguesa pro-británica, rebelouse contra ela. A súa conversión ó nacionalismo cultural, evidenciada polas súas obras, considérase emblemática de moitas das loitas políticas que tiveron lugar en Irlanda durante o seu período.
Imaxe de Lady Gregory en Irish Plays And Playwrights (1913) de Cornelius Weygandt | |
Nome orixinal | Isabella Augusta Gregory (n. Persse) |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Isabella Augusta Persse 15 de marzo de 1852 Roxborough, Galway |
Morte | 22 de maio de 1932 (80 anos) Coole Park (en) |
Causa da morte | cancro |
Lugar de sepultura | Bohermore, Galway |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | Directora de teatro |
Período de actividade | 1903 - |
Xénero artístico | Novela, ensaio, poesía, teatro |
Lingua | Inglés e irlandés |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | William Henry Gregory |
Fillos | William Robert Gregory |
Pais | Dudley Persse (en) e Frances Barry (en) |
Lady Gregory encadrouse dentro do movemento coñecido coma o renacemento literario irlandés. O seu fogar en Coole Park no condado de Galway serviu de lugar de reunión para algunhas das figuras principais deste renacemento, e o seu traballo inicial coma membro da directiva do Abbey Theatre está considerado tan importante coma as súas obras creativas para o propio desenvolvemento do teatro.