Luzón
maior illa das Filipinas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luzón é o nome da maior e máis importante, tanto política como economicamente, illa de Filipinas e un dos tres grandes grupos de illas do país, sendo os outros dous Visayas e Mindanao. Como grupo de illas inclúe a propia illa de Luzón, Batanes e Babuyan ao norte, as illas de Catanduanes, Marinduque, Masbate, Romblon e Mindoro no sur. As illas de Palawan, que historicamente pertencían á rexión administrativa de Luzón, transferiuse á Rexión VI Visayas Occidental), na illa de Visayas, en 2005[1].
Luzón | |
---|---|
Localización da illa | |
Luzon continental en vermello; e as súas illas limítrofes en marrón | |
Situación | |
País | Filipinas |
Arquipélago | Illas Filipinas |
Mar | Océano Pacífico, Mar da China |
Coordenadas | 16°00′N 121°00′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 104.688 km² |
Perímetro | 3.249´6 |
Punto máis alto | 2.922 m. Monte Pulog |
Demografía | |
Capital | Manila |
Poboación | 48.520.774 (2010) |
Densidade | 463´48 hab./km² |
Luzón ten unha área de 104.688 km², o que a converte na décimo sétima maior illa do mundo. Nela atópanse tanto a capital do país, Manila, como a cidade máis poboada, Quezón. Trátase dunha illa montañosa. Ao oeste atópase o Mar da China meridional, ao leste o Mar de Filipinas e ao norte o Estreito de Luzón.
Nos mapas antigos recibía o nome de Luçonia ou Luçon e os seus habitantes eran chamados Luçoes. Historicamente, Luzón era coñecida tamén como Nova Castela.