Número de teléfono
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un número de teléfono é unha secuencia de díxitos utilizada para identificar unha liña telefónica dentro dunha rede telefónica conmutada (RTC).
O número conténe a información necesaria para identificar o punto final da chamada. Os números de teléfono están a miúdo asignados a liñas que teñen conectados dispositivos distintos dun teléfono, tales como faxes e módems. Cada un deses puntos de terminación de rede teñen que ter un número único na rede para poder realizar unha chamada telefónica.
A maioría dos países utilizan números de lonxitude fixa (para as liñas normais polo menos), de forma que os equipos terminais poden determinar a lonxitude necesaria do número de teléfono que se está marcando.
Tamén é posíbel que cada aboado teña un conxunto de números máis curtos para os destinos máis frecuentes. Estes números curtos son traducidos automaticamente a números de teléfono únicos antes de estabelecer a chamada.
Algúns servizos especiais poden ter números curtos; é o caso dalgúns números de urxencias como o 112, número de teléfono único de asistencia á cidadanía ante calquera tipo de emerxencia (sanitaria, de extinción de incendios e salvamento ou seguridad cidadá) na Unión Europea e Suíza[1]