Operación Inmate
From Wikipedia, the free encyclopedia
A operación Inmate foi un ataque da Frota británica do Pacífico contra posicións xaponesas no atol de Truk no océano Pacífico central durante a guerra do Pacífico dentro da Segunda Guerra Mundial. Os ataques contra as illas, pouco defendidas, tiveron lugar o 14 e 15 de xuño de 1945 coa intención de servir de experiencia de combate para o portaavións HMS Implacable e varios cruceiros e destrutores antes de que participasen en operacións de máis calado no Xapón.
Operación Inmate | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Guerra do Pacífico Segunda guerra mundial | |||||||||
Bombardeo de Truk do 15 de xuño | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Reino Unido Canadá Nova Zelandia Estados Unidos |
Xapón | ||||||||
Líderes | |||||||||
E.J.P. Brind | Shunsaburo Mugikura Chuichi Hara | ||||||||
Baixas | |||||||||
2 falecidos 1 aeronave destruída en combate 6 aeronaves destruídas en accidentes |
Danos en aeroportos e outras infraestruturas 2 aeronaves destruídas |
O 14 de xuño de 1945 as aeronaves británicas levaron a cabo unha serie de asaltos contra as posicións xaponesas en Truk. Á mañá seguinte os cruceiros bombardearon varias illas do atol, malia que só tivo éxito un dos navíos involucrados no bombardeo. Na tarde e noite do 15 de xuño leváronse a cabo varios ataques aéreos adicionais antes de que a forza aliada retornase á súa base.
Os aliados consideraron que o ataque en Truk foi un éxito, fornecendo experiencia de combate útil para os navíos e aeronaves involucrados na operación e sufrindo tan só dúas baixas e a perda de sete aeronaves no combate e por mor de varios accidentes. Os danos causados ás instalacións xaponesas no atol, que xa fora obxectivo de varios ataques previos durante os anos 1944 e 1945, consideráronse relativamente modestos.