Río Ganxes
rio da india / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ganxes,ou Ganga, (devanágari: गंगा ; (IPA: ˈgænʤiz ; IAST: Gaṅgā ; na maioría das linguas da India, IPA2: ˈgəŋgaː) é un dos ríos principais do subcontinente indio, que flúe en dirección leste a través das chaira epónima do norte da India até Bangladesh. Os seus 2,510 km (1,557 mi) de percorrido comezan no Glaciar Gangotri no estado indio de Uttaranchal, na parte central do Himalaia até desembocar no golfo de Bengala, formando un vasto delta no Sundarbans. É un río sacro para os hindús, recibindo culto a través da súa divindade, personificada como a deusa Ganga.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Río Ganxes | |
---|---|
País | India, Bangladesh |
Lonxitude | 2510 km |
Caudal medio | 14.270 m3/s |
Desembocadura | Océano Índico |
Cinca do río Ganxes | |
Este artigo amosa letras indias. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O Ganga ou Ganxes e máis os seus tributarios, dos que destaca o río Yamuna, baña unha grande e ampla conca dunha área de preto dun millón de km2, que acollen das maiores densidades de poboación da Terra.