Sharon Corr
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sharon Helga Corr, nada o 24 de marzo de 1970 en Dundalk, Condado de Louth, é unha cantante e instrumentista irlandesa. É principalmente coñecida por ter sido membro do grupo The Corrs, que formaba xunto cos seus irmáns Andrea Corr, Jim Corr e Caroline Corr.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de marzo de 1970 (54 anos) Dundalk, Irlanda |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Actividade | |
Campo de traballo | Composición musical |
Ocupación | cantautora , compositora de cancións , guitarrista , cantante , pianista , compositora |
Período de actividade | 1990 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música pop e música rock |
Instrumento | Guitarra, violín, piano e voz |
Selo discográfico | 143 Records |
Familia | |
Irmáns | Jim Corr, Caroline Corr e Andrea Corr |
Premios | |
Páxina web | sharoncorr.com |
Pechar
No 2005 foi galardoada, ó igual que os seus irmáns, co título de membro da Orde do Imperio Británico polas súas contribucións no eido da música e pola súa implicación en actividades filantrópicas. Dende a pausa tomada polo grupo no 2006, continúa a súa carreira en solitario.