Sitio arqueolóxico
lugar onde se concentran restos arqueolóxicos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un sitio arqueolóxico (tamén denominado xacemento arqueolóxico ou asentamento arqueolóxico) é unha concentración de restos arqueolóxicos. Nel pode existir unha concentración de restos de actividade humana e está constituído pola presenza de artefactos, elementos estruturais, chans de ocupación e outra serie de anomalías. Estes restos pódense atopar mediante unha mera prospección de superficie, ou se o asentamento foi soterrado cunha prospección do subsolo.