Xogos Mediterráneos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Mediterráneos son unha serie de eventos deportivos e culturais que se engloban dentro do Movemento Olímpico, entre os chamados Xogos Rexionais, celebrados polos países das costas do mar Mediterráneo. É nos Xogos Olímpicos de Londres de 1948 cando sae a idea de organizar uns Xogos nos que só participen os países da contorna do mar Mediterráneo. Farase realidade en 1951, en Alexandría, grazas á labor de Mohamed Taher Pacha. Desde aquela celebráronse 15 edicións, as dez primeiras cada catro anos, sempre no ano anterior duns Xogos Olímpicos, máis a partir de 1993, os Xogos Mediterráneos dispútanse ao ano seguinte duns Xogos Olímpicos, unha decisión tomada polo Comité Internacional dos Xogos Mediterráneos (CIXM) en 1991.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O emblema dos Xogos Mediterráneos son tres aros entrelazados, de cor azul. Os tres aros simbolizan aos tres continentes unidos por esta competición: Asia, África e Europa; a cor azul por estar unidos polo mar Mediterráneo.
A bandeira dos Xogos Mediterráneos é de cor celeste e cos tres aros entrelazados brancos no centro.