Æ
From Wikipedia, the free encyclopedia
Æ (en minúscula æ) é un carácter formado polas letras a e e, orixinalmente unha ligadura que representaba o ditongo latino ae. Nalgunhas linguas é considerado unha letra, incluídos o dinamarqués, o noruegués, o islandés e o feroés. Tamén se empregou en sueco antigo antes de cambiar a ä. O alfabeto fonético internacional úsao para representar o son "a" da palabra inglesa "cat".
Como letra do alfabeto latino do inglés antigo chamouse æsc, "freixo,"[1] pola runa ᚫ que transliterou; o nome tradicional en inglés aínda é ash ou æsh.