Órbita alta terrestre
órbita xeocéntrica de altitude superior á órbita xeoestacionaria / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha órbita alta terrestre é unha órbita xeocéntrica cunha altitude enteiramente por riba da órbita xeoestacionaria (ou xeosincrónica, isto é, cunha altura de 35 786 quilómetros).[1] O período orbital de tales órbitas é maior que 24 horas, polo que os satélites en tales órbitas teñen un movemento aparente retrógrado. Ou sexa, mesmo se teñen unha órbita progrado (90° > inclinación ≥ 0°), a súa velocidade angular orbital é menor que a velocidade de rotación da Terra, o que causa que o seu movemento sexa visto dende a superficie terrestre como indo cara ó oeste.