Átomo
unidade de materia máis pequena dun elemento químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un átomo é a unidade constituínte máis pequena da materia ordinaria que ten as propiedades dun elemento químico.[1] Cada sólido, líquido, gas e plasma componse de átomos neutros ou ionizados. Os átomos son moi pequenos; os tamaños típicos son ao redor de 100 pm (dez mil millonésima parte dun metro).[2] No entanto, os átomos non teñen límites ben definidos e hai diferentes formas de definir o seu tamaño que dan valores diferentes pero próximos.
Átomo | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración dun átomo de helio que mostra o núcleo atómico (en rosa) e a distribución da nube de electróns (en negro). O núcleo (arriba á dereita) do helio-4 é en realidade simétrico esféricamente e parécese moito á nube de electróns, pero en núcleos máis complicados este non é sempre o caso. A barra negra é a medida dun ángstrom (10−10 m ou 100 pm). | ||||||||
Clasificación | ||||||||
| ||||||||
Propiedades | ||||||||
|
Os átomos son o suficientemente pequenos para que a física clásica dea resultados notablemente incorrectos. A través do desenvolvemento da física, os modelos atómicos incorporaron principios cuánticos para explicar e predicir mellor o seu comportamento.
Cada átomo componse dun núcleo e un ou máis electróns unidos ao núcleo. O núcleo está composto dun ou máis protóns e tipicamente un número similar de neutróns (Excepto no caso do hidróxeno-1, que é o único nuclideo estable sen neutróns). Os protóns e os neutróns son chamados nucleóns. Máis do 99,94 % da masa do átomo está no núcleo. Os protóns teñen unha carga eléctrica positiva, os electróns teñen unha carga eléctrica negativa e os neutróns non teñen carga eléctrica. Se o número de protóns e electróns é igual, ese átomo é electricamente neutro. Se un átomo ten máis ou menos electróns que protóns, entón ten unha carga global negativa ou positiva, respectivamente, e denomínase ión.
Os electróns dun átomo son atraídos polos protóns nun núcleo atómico por esta forza electromagnética. Os protóns e os neutróns no núcleo son atraídos o un ao outro por unha forza diferente, a forza nuclear, que é xeralmente máis forte que a forza electromagnética que repele os protóns cargados positivamente entre si. Baixo certas circunstancias, a forza electromagnética repelente vólvese máis forte que a forza nuclear e os nucleóns poden ser expulsados do núcleo, deixando tras de si un elemento diferente: desintegración nuclear que resulta en transmutación nuclear.
O número de protóns no núcleo define a que elemento químico pertence o átomo: por exemplo, todos os átomos de cobre conteñen 29 protóns. O número de neutróns define o isótopo do elemento.[3] O número de electróns inflúe nas propiedades magnéticas dun átomo. Os átomos poden unirse a outro ou outros átomos por enlaces químicos para formar compostos químicos tales como moléculas. A capacidade dos átomos de asociarse e disociarse é responsable da maior parte dos cambios físicos observados na natureza e é o tema da disciplina da química.
Non toda a materia do universo está composta de átomos. A materia escura constitúe máis do universo que a materia e non se compón de átomos, senón de partículas dun tipo a día de hoxe descoñecido.