ALBA
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América - Tratado de Comercio dos Pobos ou ALBA-TCP (en ocasións denominada extraoficialmente Alianza Bolivariana para as Américas, pero mais comunmente coñecida como simplemente ALBA), é unha organización internacional de ámbito rexional, enfocada para os países de América Latina e o Caribe que pon énfase na loita contra a pobreza e a exclusión social con base en doutrinas de esquerda.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alba.
Datos rápidos Tipo, Data de fundación ...
ALBA | |
---|---|
Tipo | organización internacional |
Data de fundación | abril de 2005 |
Sede | Caracas |
País | Venezuela |
Na rede | |
https://www.albatcp.org/ e http://www.portalalba.org/index.php | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Concrétase nun proxecto de colaboración e complementación política, social e económica entre países de América Latina e o Caribe, promovida inicialmente por Cuba e Venezuela como contrapartida do ALCA (Área de Libre Comercio das Américas), impulsada por Estados Unidos.