Aha
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aha foi o segundo faraón da I dinastía exipcia, c. 3007-2975 a. C. (segundo von Beckerath).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3162 a. C. |
Morte | século XXXI a. C. |
Causa da morte | morte accidental, Hipopótamo |
Lugar de sepultura | Umel Caabe (pt) |
Faraón | |
← Narmer – Djer → | |
Datos persoais | |
Título real no antigo Exipto
| |
País de nacionalidade | Antigo Exipto |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Período de tempo | Época Tinita (pt) e Primeira dinastía de Exipto |
Período de actividade | (Con vida en: século XXXI a. C. ) |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | Primeira dinastía de Exipto |
Cónxuxe | Benerib Khenthap |
Fillos | Djer () Khenthap (pt) |
Nai | Neithhotep (pt) |
Irmáns | Benerib (pt) |
Chamado Atotis por Manetón, segundo Sexto Xulio Africano e Eusebio de Cesarea, Teti na lista Real de Abidos e it(t) no Canon de Turín.
Manetón outórgalle 57 anos de reinado (Africano), ou 27 anos segundo (Eusebio).
Fillo de Menes, segundo Africano. Proviniente do Alto Exipto, casou coa princesa Neithotep do Baixo Exipto, a súa esposa principal, aínda que o seu fillo e sucesor, Djer, nacería dunha concubina.
Na Pedra de Palermo indícase que durante o seu reinado mantivéronse relacións comerciais con Canaán e que fixo a guerra en Nubia e Libia.
Segundo Manetón, Atotis, mandou edificar un palacio en Menfis e practicou a arte do medicamento, escribindo tratados sobre a técnica de abrir os corpos.