Alicia Keys
Cantante e compositora de R&B e soul estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alicia Augello Cook, coñecida como Alicia Keys, nada o 25 de xaneiro de 1981 en Manhattan (Nova York), é unha cantante e compositora de R&B e soul.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
A súa nai, Terri, é ítalo-irlandesa, e o seu pai, Craig, é estadounidense de ascendencia xamaicana. Viviu desde os dous anos xunto á súa influente nai, despois de que os seus pais se separasen. Alicia Keys vendeu en todo o mundo máis de 28 millóns de discos e gañou numerosos premios, incluídos 11 Grammys, 17 Premios Billboard e tres American Music Awards. O seu álbum debut "Songs in a minor" gañou 5 grammys nunha soa noite un récord para as mulleres artistas que comparte con Lauryn Hill (1999), Norah Jones (2003), Beyoncé ( 2004), e Amy Winehouse (2008).