Batalla de Tudela
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Tudela foi un enfrontamento bélico da guerra da Independencia española disputado nos arredores da cidade de Tudela o 23 de novembro de 1808. O resultado do combate foi a completa vitoria francesa, cuxo exército estaba ao mando do mariscal Lannes, sobre as tropas españolas, comandadas polo xeneral Castaños.
Batalla de Tudela | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de guerra da Independencia española, dentro das guerras napoleónicas | |||||||
Batalla de Tudela. Óleo sobre lenzo de January Suchodolski, 1827. Museo Nacional de Varsovia | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
I Imperio Francés | Reino de España | ||||||
Líderes | |||||||
Mariscal Lannes François Joseph Lefebvre Michel Ney |
Francisco Javier Castaños José de Palafox y Melci Conde de Villariezo Mariscal Juan O'Neylle Mariscal Lapeña Pedro Grimarest Oller Pedro Agustín Girón | ||||||
Forzas en combate | |||||||
30.000 infantes, 5000 cabalos, 60 canóns |
33.000 entre regulares e milicianos | ||||||
Baixas | |||||||
544 mortos, 513 feridos, 21 oficiais. |
3000 mortos, 3000 prisioneiros, 30 canóns, 300 oficiais (12 coroneis) |
Cerca de 33.000 soldados e milicianos españois intentaron cercar aos 30.000 franceses de Lannes, pero foron severamente derrotados. As baixas españolas calcúlanse en torno aos 4000 mortos e 3000 prisioneiros, mentres que por parte francesa non chegaron a 600 os mortos e outros tantos feridos.
Esta foi unha das batallas cuxo nome foi gravado no Arco do Triunfo de París (a carón do da batalla de Elviña, que alí figura como de La Corogne).