Beni Hasan
From Wikipedia, the free encyclopedia
Beni Hasan é unha necrópole exipcia do Imperio Medio (XI dinastía a comezos da XII) situada a 265 quilómetros ao sur do Cairo, na beira oriental do río Nilo. O nome deriva do dunha familia árabe que se estableceu no lugar a fins do século XVIII e que estendeu o seu dominio por toda a rexión de al Minya.