Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2022
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial da FIA de Fórmula 1 de 2022 foi a 73ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), [lower-alpha 1] o órgano de goberno internacional do automobilismo, como a máxima clase de competición para coches de carreiras de rodas aberta. O campionato disputouse nunha serie de 22 carreiras, ou Grandes Premios, celebrados en todo o mundo e que remataron antes que noutros anos recentes para evitar a superposición co Mundial de Fútbol de 2022. Equipos e pilotos competiron polo Campionato do Mundo de Pilotos e polo Campionato do Mundo de Construtores.
O campionato de 2022 introduciu cambios significativos no regulamento técnico do deporte. Estaba previsto introducir estes cambios en 2021, pero atrasáronse ata 2022 en resposta á pandemia da COVID-19. Max Verstappen, que era o vixente campión de pilotos, acadou o seu segundo título no Gran Premio do Xapón, mentres que o seu equipo, o Red Bull Racing, logrou o seu quinto Campionato Mundial de Construtores, e o primeiro desde 2013, no seguinte Gran Premio dos Estados Unidos. Mercedes eran os anteriores campións de construtores.[1][2][3]
Esta foi a última tempada para o catro veces campión do mundo Sebastian Vettel.[4] O sete veces campión do mundo Lewis HamiltonaAfrontou unha tempada difícil con Mercedes, sen conseguir nin unha pole position nin unha vitoria nun Gran Premio durante a tempada, a primeira vez que ocorreu desde que debutara en 2007.[5][6]