Castelo de Montsoreau - Museo de Arte Contemporánea
museo de arte contemporánea en Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Castelo de Montsoreau-Museo de Arte Contemporánea (en francés: Château de Montsoreau-Musée d'Art Contemporain) é un museo privado de arte contemporánea aberto ao público que se atopa no Val do Loira.[1][2] O proxecto de creación do museo comezou en novembro de 2014,[3][4] e foi inaugurado o 8 de abril de 2016.[5] Conta cunha colección permanente, recollida durante 25 anos por Philippe Méaille, que non só está destinada á súa exhibición no Castelo de Montsoreau, senón que tamén é prestada a outras institucións. Con arredor de 1.000 obras, a súa colección é a máis grande do mundo sobre conceptualistas radicais de Art & Language,[6] xogando un papel importante na invención da arte conceptual.[7][8] A colección Philippe Méaille foi prestada a longo prazo entre 2010 e 2017 ó MACBA (Museo de Arte Contemporánea de Barcelona), o cal implicou unha colaboración regular das dúas institucións.[9][10]
O Castelo de Montsoreau foi clasificado como Monumento Nacional polo Ministerio de Cultura francés en 1862 e, como parte do Val do Loira, está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 2000.[11]