Chris Rea
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher Anton Rea, nado en Middlesbrough o 4 de marzo de 1951, é un cantante e compositor inglés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en-gb) Christopher Anton Rea 4 de marzo de 1951 (73 anos) Middlesbrough, Reino Unido (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , músico , cantante , artista discográfico |
Período de actividade | 1978 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Blues, Soft rock e pop rock |
Lingua | Lingua inglesa |
Tesitura | Barítono |
Instrumento | Guitarra, piano e voz |
Selo discográfico | United Artists Records |
Páxina web | chrisrea.com |
|
Refugado, ao comezo da súa carreira, o nome artístico "Benny Santini" (título do seu primeo disco), adoptou finalmente o nome de Chris Rea. Autor prolífico e libre, en diferentes momentos da súa carreira, distintas discográficas intentaron o seu contrato, pero a liberdade dunha pequena compañía como na que estaba compoñendo, podía máis que os posibles ingresos.
Da súa extensa carreira musical destacan entre outros éxitos comerciais coma "Fool (if you think it's over)", "On the beach", "Josephine", "Looking for the summer", "Julia", "Auberge" ou "Road to hell".
No ano 2002, tras superar un grave cancro (as posibilidades de sobrevivir eran dun 50 %), a súa música volveu ás raíces jazz-blues.
Trala xira europea de 2006 e a edición do seu set Blue Guitar, obra composta por 11 cd's temáticos e deseño do propio artista, a súa carreira baixo o nome de Chris Rea, deixa paso a The Fire Flies, a súa nova banda.