Christian Dior, S. A.
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christian Dior, S.A. (máis coñecida como Dior) é un minorista de roupa francés, baixo control do grupo LVMH. A compañía foi fundada polo deseñador de moda Christian Dior.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Christian Dior, S.A. en si controla o 42% dos activos de LVMH, que leva outras marcas de roupa como Kenzo, Givenchy e Louis Vuitton.
A unidade operativa da compañía, Christian Dior Couture, deseña e elabora parte da máis codiciada alta costura do mundo, así como moda prêt-à-porter, roupa de cabaleiro e accesorios. Christian Dior funciona a través de cerca de 160 boutiques de todo o mundo con plans de seguir abrindo máis. A súa sede atópase en París, rue François 1er.
No 1996, John Galliano foi nomeado deseñador xefe de Christian Dior polo propietario da compañía, o grupo de luxo LVMH. Galliano foi primeiro suspendido e logo despedido en marzo de 2011 debido a un incidente que tivo lugar nun café parisiense no que o deseñador, ebrio, insultou a unha parella de xudeus, facendo afirmacións como "Amo a Hitler" ou "A xente como vostedes debería estar morta (...) todos deberían ter sido gaseados".
No 1998 adquiriu Gerbe Paris, un fabricante francés de calcetería arruinado. É unha das maiores partes do imperio de negocios de Bernard Arnault, unha das persoas máis ricas do mundo.