Comité Militar Revolucionario de Petrogrado
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Comité Militar Revolucionario de Petrogrado (en realidade, Comité Revolucionario Militar, CRM, ou Voenrevkom) ou, a miúdo, simplemente Comité Militar Revolucionario foi un organismo dependente do Soviet de Petrogrado que tivo un papel principal no derrocamento do Goberno Provisional ruso durante a Revolución de Outubro no outono de 1917 e exerceu na práctica como Goberno ruso até a súa disolución en decembro do mesmo ano. Non debe confundirse co Soviet Militar Revolucionario ou Revvoensoviet.
Creado polo Soviet de Petrogrado para supervisar as ordes do Goberno provisional ás unidades da gornición da capital, os bolxeviques utilizárono con habilidade para derrocar a Kerenskii.[1] Aínda que era oficialmente un organismo dependente de consello da capital, pronto adquiriu unha ampla autonomía práctica e estendeu as súas actividades da loita contra os adversarios dos bolxeviques e as tarefas sobre seguridade a outras máis administrativas.[1]