condado da Estonia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Ida-Virumaa (en estoniano maakond, "Viru oriental") é un dos 15 condados da Estonia, situado na parte nororiental do país, na fronteira con Rusia e de cara ao Golfo de Finlandia.
Con 175.406 habitantes (xaneiro de 2006) sobre o 13% do total do país, é o segundo condado máis poboado cunha superficie de 3.364km².
Esta rexión é de todo punto particular e radicalmente diferente do resto do país. Ela coñeceu, a partir da segunda guerra mundial, unha industrialización baseada na explotación dos xacementos de lousa bituminosa, que se acentuou a partir da ocupación soviética, facendo nacer cidades mineiras e marcando para sempre a paisaxe. As minas de uranio de Sillamäe conduciron os soviéticos a estableceren un dos principais centros de investigación atómica da URSS.
A composición étnica é igualmente singular no contexto estoniano, froito da política de desprazamentos de poboación do período estalinista. A rexión conta actualmente cun 71% de rusos, 6% de habitantes doutras repúblicas ex-soviéticas e sobre un 20% de estonianos. Os rusófonos non sempre posúen a nacionalidade estoniana, e a súa situación é un problema recorrente da política interior do país, así como das relacións co seu veciño oriental, Rusia.