Estudio de gravación
lugar adaptado para o rexistro de voces e música / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un estudio de gravación é un lugar adaptado para o rexistro de voces e música, polo que debe reunir unhas condicións de acústica e electrónica.
Unha das condicións máis importantes no seu deseño é a insonorización, de forma que o son interior non se propague cara ao exterior nin que o son exterior penetre e interfira nas gravacións. Isto conséguese mediante a aplicación de diversos materiais especiais (absorbentes e illantes) e o uso de cámaras de aire. Por outro lado, ditos materiais empréganse tamén para conseguir certas condicións acústicas específicas no interior, como tempos de reverberación determinados, optimización da difusión do campo sonoro, prevención de formación de ondas estacionarias etc.