Gabinete Numismático de Dresden
museo numismático en Dresde, Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Gabinete Numismático de Dresden (en alemán: Münzkabinett Dresden) é un museo numismático instituído arredor de 1530 na cidade alemá de Dresden e que forma parte da Staatliche Kunstsammlungen Dresden ("Coleccións de Arte Estatais de Dresden"). A súa sede está no Castelo de Dresden.[2][3]
- Para outros artigos de entidades numismáticas coa palabra "gabinete", véxanse as páxinas de homónimos Gabinete, e Gabinete de Medallas e Gabinete numismático.
Gabinete Numismatico de Dresden ––Münzkabinett–– | |
---|---|
Logotipo do Gabinete Numismático de Dresden | |
Coordenadas | |
País | Alemaña |
Cidade | Dresden |
Director | Dr. Rainer Grund.[1] |
Inauguración | Ca. 1530 |
Na rede | |
https://muenzkabinett.skd.museum/en/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Münzkabinett constitúe unha das tres coleccións numismáticas máis grandes de Alemaña. Entre os seus case 300.000 obxectos expostos inclúense moedas da maioría de países do mundo desde a Antigüidade ata o século XXI, ademais de medallas históricas e modernas, condecoracións, billetes, cuños, selos, probas numismáticas, formas primitivas de diñeiro, e equipamento e ferramentas para a cuñaxe.[4][5] Na súa condición de gabinete numismático estatal (Landesmünzkabinett), o Münzkabinett é o receptor de calquera achado monetario ocorrido no territorio de Saxonia.[2]
O Gabinete Numismático de Dresden é tamén un centro de investigación sobre numismática e conta cunha biblioteca especializada que conta con arredor de 30.000 volumes.