Geoffrey Chaucer
escritor, filósofo e diplomático inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Geoffrey Chaucer, nado contra 1340 e finado en 1400, foi escritor, filósofo e diplomático inglés. Coñecido como o pai da literatura inglesa, é amplamente considerado como o meirande poeta inglés da Idade Media. Foi o primeiro poeta en ser soterrado na Poet's Corner da Abadía de Westminster. ó tempo que acadou gran fama durante a súa vida como autor, filósofo, químico e astrónomo, Chaucer tamén mantivo unha activa carreira no servizo civil como burócrata e diplomático. Entre os seus traballos, nos que se inclúen The Book of the Duchess, House of Fame, Legend of Good Women e Troilus and Criseyde, destaca pola obra Os contos de Canterbury. Chaucer é unha figura crucial no desenvolvemento da lexitimidade da lingua vernácula, o inglés medio, nun tempo no que as linguas dominantes na literatura de Inglaterra eran o francés e o latín.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1343 Londres, Inglaterra |
Morte | 25 de outubro de 1400 (56-57 anos) Londres |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Member of the 1386 Parliament (en) | |
Circunscrición electoral: Kent (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Campo de traballo | Burocracia |
Ocupación | escritor, filósofo, diplomático |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Inglés medio e lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Philippa Roet |
Fillos | Thomas Chaucer (en) , Elizabeth Chaucer (en) , Lewis Chaucer (en) |
Pais | John Chaucer (en) e Agnes Copton (en) |
|