George Bonsor
From Wikipedia, the free encyclopedia
George Edward Bonsor, nado en Lille o 30 de marzo de 1855 e finado en Mairena del Alcor (Sevilla) o 15 de agosto de 1930, foi un coñecedor de antigüidades, pintor, arqueólogo, historiador e ceramólogo nado en Francia, de nacionalidade británica e residente en España. Tamén foi coñecido como Jorge Bonsor por amigos e veciños das localidades andaluzas nas que viviu: Carmona, onde se iniciou como arqueólogo privado e onde foi nomeado fillo predilecto pouco antes do seu falecemento e Mairena del Alcor, onde adquiriu o castelo da localidade para habilitalo posteriormente como a súa propia vivenda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1855 Lille, Francia |
Morte | 15 de agosto de 1930 (75 anos) Mairena del Alcor, España |
Datos persoais | |
Residencia | Castillo de Luna (Mairena del Alcor) |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927) Reino Unido |
Educación | Liceo |
Actividade | |
Ocupación | arqueólogo , prehistoriador , pintor |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Premios | |
Foi un gran defensor do mantemento dos xacementos arqueolóxicos e precursor da arqueoloxía moderna en España, ademais de que descubriu numerosos xacementos en Andalucía Occidental, como a necrópole e o anfiteatro de Carmona, os xacementos de Los Alcores, Setefilla en Lora del Río e escavou en Baelo Claudia en Cádiz. Escribiu varias publicacións relacionadas cos seus descubrimentos e obtivo nomeamentos en varias institucións académicas.