Himno da Federación Rusa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Himno da Federación Rusa (en ruso: Государственный гимн Российской Федерации, "Gosudarstvenny Gimn Rossiyskoy Federatsii") é o himno nacional de Rusia. É unha adaptación do Himno da Unión Soviética de 1944, cuxa música compuxo orixinalmente Aleksandr Aleksándrov. A letra foi revisada para o himno da Federación Rusa por Serguéi Mijalkov, quen refixo as letras das versións do himno soviético en 1943 e 1977. A revisión elimina tódalas mencións ás ideas de Lenin e á «irrompible unión» da Unión Soviética, centrándose no seu lugar en describir un país extenso e con grandes cantidades de recursos confiados ás xeracións futuras.[1][2][3]
Государственный гимн Российской Федерации | |
---|---|
Gosudarstvenny Gimn Rossiyskoy Federatsii | |
En galego: Himno da Federación Rusa | |
Himno de | Rusia |
Letra | Sergey Mikhalkov 2000 |
Música | Alexander Alexandrov 1939 |
Adoptado | 25 de decembro de 2000 (música) 30 de decembro de 2000 (letra) |
Mostra da música | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A finais do ano 2000, o presidente Vladimir Putin decidiu adoptar o himno, que substituíu a A canción patriótica, que fora o himno oficial dende 1990. Este feito non estivo exento de polémica, xa que, aínda que a letra xa non ten nada que ver coa Rusia de Stalin, a música é a mesma que empregaba a Unión Soviética.[4]