Hungría
país de Europa central / From Wikipedia, the free encyclopedia
Hungría ( pronunciación (axuda · info)) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] (axuda · info)) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ó oeste, Eslovaquia e Ucraína ó norte, Romanía ó leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur. Ten unha poboación de ó redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Magyarország (hu) | |||||
Himno | Himnusz | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Onogures (pt) e Maxiar | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Budapest | ||||
Contén a división administrativa | Borsod-Abaúj-Zemplén Budapest Bács-Kiskun Condado de Baranya Condado de Békés Condado de Csongrád-Csanád Condado de Heves Condado de Nógrád Condado de Pest Condado de Tolna Condado de Veszprém Fejér Győr-Moson-Sopron Hajdú-Bihar Jász-Nagykun-Szolnok Komárom-Esztergom Somogy Szabolcs-Szatmár-Bereg Vas Zala | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.603.634 (2022) (103,25 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua húngara | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 93.011,4 km² | ||||
Bañado por | Lago de Neusiedl (pt) , Río Danubio, Ipoly (en) , Río Tisza, Río Drava, Lago Balaton e Rio Rába (pt) | ||||
Punto máis alto | Monte Kékes (1.015 m) | ||||
Punto máis baixo | Gyálarét (pt) (75,8 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | decembro de 1000 | ||||
Evento clave
| |||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente | Tamás Sulyok (pt) (2024–) | ||||
Órgano executivo | Governo da Hungria (pt) | ||||
• Primeiro ministro | Viktor Orbán (2010–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Nacional da Hungria (pt) Circunscrición: 106, (Escano: 199) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of Hungary (en) | ||||
Membro de | Organización Mundial da Saúde Agência Internacional de Energia (pt) Strategic Airlift Capability (en) ../... 37+ | ||||
PIB nominal | 181.848.022.230 $ (2021) | ||||
PIB per cápita | 37.128 $ (2021) | ||||
Moeda | Florín húngaro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .hu | ||||
Prefixo telefónico | +36 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 104 (pt) , 105 e 107 (pt) | ||||
Código de país | HU | ||||
Código NUTS | HU | ||||
Páxina web | kormany.hu… | ||||
A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou a meseta dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.
O nome Hungría vén do turco[1] On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría ingresou na Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.