Illa de Hawai
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de Hawai (en hawaiano, Hawai'i) é unha das illas maiores do arquipélago de Hawai, que forman o estado de Hawai. Coñécese tamén como Big Island, (Illa Grande ou Illa Maior) xa que é a illa máis grande, e desta forma evítase a confusión entre o nome da illa e do estado. A orixe do nome Hawai´i ten dúas explicacións. Por unha banda atribúese o descubrimento das illas Hawai ao navegante polinesio lendario Hawai´iloa. Outra explicación deriva da terra lendaria Hawaiki, ou Havaiki, lugar de orixe dos polinesios, ou o lugar onde retornan as almas logo da morte. A relación con Hawaiki tamén se explica na illa Savai'i de Samoa, e noutros lugares da Polinesia. Os primeiros exploradores transcribían o nome como Owhyhee.
Hawai | |
---|---|
Imaxe da illa de Hawai desde satélite | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Estados dos Estados Unidos de América | Hawai |
Arquipélago | Arquipélago de Hawai |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 19°34′N 155°30′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 10.432´47 km² |
Perímetro | 504 km. |
Punto máis alto | 4 207´2 m Mauna Kea |
Demografía | |
Capital | Hilo |
Poboación | 185.079 (2010) |
Densidade | 17´8 hab./km² |
A illa de Hawai é administrada polo Condado de Hawaii, cuxa capital é Hilo. Estímase que no ano 2003, a illa contaba cunha poboación residente de 158.400 persoas.