Kita-ku, Ōsaka
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kita-ku (北区, きたく) é un dos 24 barrios da cidade xaponesa de Osaca. O casco central deste barrio é Umeda, onde hai grandes almacéns e moitas tendas comerciais. Tamén moitas empresas xaponesas teñen oficinas neste barrio. Na illa de Nakanoshima está o concello de Osaca e a oficina do Banco do Xapón. Ten 10,33 km² de superficie, unha poboación de 97.263 habitantes (2011) e unha densidade de poboación de 9.415 hab./km².[1]