Lingua támil
lingua dravídica falada en Tamil Nadu e no nordeste de Sri Lanka / From Wikipedia, the free encyclopedia
O támil[6] é unha lingua dravídica que se fala principalmente no estado indio de Tamil Nadu e no nordés de Sri Lanka. É a lingua dravídica co segundo maior número de falantes despois do telugu, e é a de maior desenvolvemento literario. Actualmente, calcúlase arredor dos 50 millóns de falantes.
Támil தமிழ் | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /t̪ɐmɨɻ/ | |
Falado en: | India e Sri Lanka, con minorías significativas en Singapur, Malaisia, Dubai, Mauricio, Fidxi, Reunión, Trinidad e Tobago, Suráfrica, así como emigrantes en varios países. | |
Total de falantes: | 68 millóns como lingua materna,[1][2] 77 millóns en total[1] | |
Posición: | 20, 16,[3] 15[4](falantes nativos) | |
Familia: | Dravídica Meridionais Támil | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | India, Sri Lanka e Singapur | |
Regulado por: | Varias academias e o Goberno de Tamil Nadu | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | ta | |
ISO 639-2: | tam | |
ISO 639-3: | tam
| |
Mapa | ||
Status | ||
Existen tamén destacados núcleos de falantes en Malaisia, Vietnam, Singapur (onde é unha das catro linguas oficiais), Zanzíbar e, recentemente, en diversas cidades europeas, entre as que salienta Londres.
Conta cunha rica e antiga tradición literaria, remontándose os primeiros escritos desta lingua, consistentes en poesía lírica e unha gramática, ata o século I.
O sistema de escritura do támil provén do alfabeto brahmí. Combina consoantes con vogais para crear caracteres silábicos únicos pero, ao contrario que as outras escrituras derivadas do brahmí, non ten caracteres que representen sons con máis dunha consoante. Como na actualidade o támil está recibindo unha grande influencia doutras linguas, o seu sistema de escritura está tendo problemas á hora de representar os novos vocábulos.