Linguas austroasiáticas
familia de linguas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas austroasiáticas[1] son unha ampla familia de linguas do sueste asiático e da India. O nome provén da palabra grega que significa "sur de Asia".
Linguas austroasiáticas | ||
---|---|---|
Falado en: | Subcontinente indio e sueste asiático | |
Total de falantes: | Arredor de 117 millóns de falantes | |
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas austroasiáticas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Estas linguas están distribuídas por rexións onde tamén se falan linguas doutras familias. Está bastante estendida a crenza de que as linguas austroasiáticas son as linguas autóctonas do sueste asiático así como do leste da India, e que as outras linguas da rexión, incluso as indoeuropeas, as tai-kadai, e as linguas sino-tibetanas, chegaron alí como resultado de movementos de poboación posteriores. Algúns lingüistas, seguindo as formulacións de Schmidt (1906), suxiren que as linguas austroasiáticas poden estar emparentadas coas austronesias, formando así a suposta superfamilia áustrica, porén, esta formulación non goza de consenso.
Os lingüistas distinguen entre dúas grandes divisións de linguas austroasiáticas, as mon-khmer, tamén chamadas mon-camboxanas do sueste asiático e as linguas munda do centro e do leste central da India.