Linguas xermánicas occidentais
subgrupo das linguas xermánicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas xermánicas occidentais constitúen a meirande das tres pólas nas que se divide a familia xermánica de linguas (sendo as outras dúas a nórdica e a oriental, xa extinta).
As tres linguas xermánicas occidentais máis prominentes son o inglés, o alemán e o neerlandés. A familia tamén inclúe ás linguas alto e o baixo alemán e dialectos como o luxemburgués e o yiddish, ademais das linguas franconias e ingvaeónicas como o frisón, o escocés e o afrikaans (que están estreitamente relacionadas co inglés e co neerlandés, respectivamente). Ademais, numerosas linguas crioulas, patois e pidgins están baseadas no neerlandés e no inglés xa que foron linguas de grandes imperios coloniais.