Lista de fósiles humanos
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A seguinte lista de fósiles humanos, que agrupa uns cantos descubrimentos de fósiles de primates, preséntase en cadros sintéticos, dá unha visión de conxunto sobre a evolución humana. Como existen milleiros de fósiles, non pretende ser unha recolleita exhaustiva, senón que mostra algúns dos descubrimentos máis relevantes.
Os fósiles clasifícanse segundo a idade aproximada determinada pola datación radiométrica e/ou a datación dos restos atopados. O nome da especie baséase no consenso actual, e cando non hai este consenso científico, indícanse as outras clasificacións posibles; as clasificacións desaconselladas pódense atopar na páxina do fósil. Non todos os fósiles amosados se consideran devanceiros directos do Homo sapiens pero son moi próximos e axudan á comprensión e ao estudo da liñaxe.