Manuel de Falla
compositor español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel de Falla y Matheu, nado en Cádiz o 23 de novembro de 1876 e finado en Alta Gracia (Arxentina) o 14 de novembro de 1946, foi un compositor andaluz do nacionalismo musical. Con Isaac Albéniz, Enrique Granados, Joaquín Turina e Joaquín Rodrigo é un dos músicos máis importantes da primeira metade do século XX en España, e un dos compositores españois máis importantes de todos os tempos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel María de los Dolores Clemente Ramón del Sagrado Corazón de Jesús Falla y Matheu 23 de novembro de 1876 Cádiz, España |
Morte | 14 de novembro de 1946 (69 anos) Alta Gracia, Arxentina (pt) |
Lugar de sepultura | crypt of the Cadiz Cathedral (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas |
Ocupación | compositor , poeta , pianista |
Membro de | |
Xénero artístico | Orquestra e música clásica |
Profesores | José Tragó, Felip Pedrell, Alejandro Odero e Enrique Broca (en) |
Lingua | Lingua alemá e lingua castelá |
Instrumento | Dolceola (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Parentes | Angela Maria García de Paredes (pt) (sobriña neta) |
Premios | |
Páxina web | manueldefalla.com |
|
Pertenceu a unha acomodada familia de comerciantes gaditanos e recibiu formación musical dende a súa infancia, tanto de piano como de solfexo. Continuou os seus estudos con varios profesores e, grazas ás amizades familiares, entrou nos círculos culturais da cidade, particularmente na casa de Salvador Viniegra. Alí coñeceu as obras de importantes compositores. A súa primeira interpretación pública foi coa súa nai no recital para piano d' As sete últimas palabras de Cristo na cruz de Joseph Haydn. Posteriormente, trasladouse a Madrid, onde continuou a súa formación en piano con José Tragó e compuxo obras para piano e música de cámara. Coñeceu a Felip Pedrell, quen foi unha notable influencia na súa posterior carreira e espertou o seu interese polo flamenco e o cante jondo. Máis tarde, marchou a París, onde fixo amizade con diversos membros da sociedade cultural da cidade, como Paul Dukas, Isaac Albéniz, Claude Debussy, Ricard Viñes (que o introduciu en Les Apaches), Maurice Ravel, Igor Stravinski ou Joaquín Nin. Ao seu regreso a Madrid en 1914, estreitouse a súa relación con María e Gregorio Martínez Sierra, e colaboraron nalgunhas das súas obras. Tivo unha destacada presenza na vida cultural e política da cidade e creceu a súa popularidade, e traballou con Sergei Diagilev e os seus Ballets Russes. En 1919 marchou a Granada, onde fixo relación con Antonio de Luna García, Federico García Lorca, Miguel Cerón, Fernando de los Ríos, Hermenegildo Lanz e Manuel Ángeles Ortiz, entre outros, e puido coñecer con maior profundidade o flamenco e o cante jondo. En 1939, e finalizada en España a Guerra civil, trasladouse á Arxentina, onde viviu ata o seu falecemento en 1946.
Entre as súas obras máis célebres encóntranse a pantomima El amor brujo, o ballet O sombreiro de tres picos, as Sete cancións populares españolas para voz e piano, a Fantasia Bætica para piano e Noites nos xardíns de España, todas elas compostas ao regreso da súa estadía en París. Ademais, compuxo a ópera A vida breve, a ópera para marionetas O retablo de Maese Pedro, o Concerto para clavicémbalo e cinco instrumentos, varias zarzuelas (aínda que a única que se representou foi Os amores da Inés) e varias obras vocais, para piano e música de cámara. A súa última obra, Atlàntida, finalizouna o seu discípulo Ernesto Halffter e publicouse despois da morte do compositor.
Exerceu unha grande influencia sobre o Grupo dos Oito e a Xeración do 27. O Arquivo Manuel de Falla, inaugurado en Granada en 1991, garda numerosas fotografías, cartas, partituras, manuscritos e outros documentos do compositor.