Mar de Ceram
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar de Ceram ou Mar de Seram (indonesio: Laut Seram) é un dos varios mares pequenos entre as illas dispersas de Indonesia. É unha sección do océano Pacífico cunha superficie de aproximadamente 12.000 quilómetros cadrados situados entre Buru e Ceram, que son dúas das illas chamadas Molucas do Sur. Estas illas son o hábitat nativo de plantas moi desexadas polo seu uso como especias, como noz moscada, cravo e pementa negra, e os mares que os rodean foron frecuentadas rutas marítimas. O Mar de Ceram tamén é o hábitat de varias especies de goby tropical e moitos outros peixes. Do mesmo xeito que moitos outros pequenos mares indonesios, o Mar de Ceram é rochoso e moi activo tectónicamente.
Mar de Seram | |
---|---|
Laut Seram | |
Localización administrativa | |
Estado | Indonesia |
División | Provincias de Molucas, Molucas Setentrional e Papúa Occidental |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Asia |
Arquipélago | Illas Molucas |
Illa/s | Illa de Nova Guinea, Buru (9.505 km²), Ceram (17.100 km²), Illas Sula, Obi (2.520 km²) e Misool (2.034 km²) |
Coordenadas | 2°20′S 128°00′L |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Arafura (S), mar das Molucas (N), mar de Halmahera (N) e mar de Banda (S e O) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Berau (Nova Guinea) |
Estreitos | Estrecho de Manipa (mar de Banda) |
Características | |
Superficie | 12.000 km² |
Profundiade máxima | 5.315 m |
Mapa | |
Localización do mar de Ceram | |
Antigamente, o mar de Ceram era coñecido como paso Pitt.