Matacán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un matacán é unha plataforma sobresaínte dos muros das torres ou portas dos castelos antigos, sustentada por ménsulas, destinada a observar e fustrigar o inimigo ou os ladróns[1].
É unha obra sólida que se sitúa na parte alta da muralla ou torre con orificios, a través dos cales, pedras, materiais ardentes e outros tipos de proxectís poden ser guindados sobre o inimigo que se atope debaixo, ao pé da fortificación defendida.