Mazandarán
Provincia iraniana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A provincia de Mazandarán ( Mazandaran.ogg (axuda · info), en persa: استان مازندران, Ostān-e Māzandarān), é unha provincia iraniana localizada ao longo da costa sur do mar Caspio e na zona central da cordilleira de Alborz, no norte de Irán.
مازرون اوستان (mzn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irán | ||||
Capital | Sari | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.283.582 (2016) (137,72 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua persa Lingua mazanderani | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 23.842 km² | ||||
Bañado por | Mar Caspio | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IR-02 | ||||
Páxina web | ostan-mz.ir |
A provincia é unha das provincias máis densamente poboadas de Irán[1] e posúe diversos recursos naturais, especialmente grandes reservas de petróleo e gas natural.[2] Os catro condados máis grandes da provincia son Sari, Amol, Nur e Tonekabon.[3] Foi fundada en 1937.[4]
A natureza diversa da provincia caracterízase por chairas, pradarías, bosques e selvas[5] situadas entre as praias do mar Caspio e a abrupta e nevada serra de Alborz,[6] incluíndo o Monte Damavand, un dos picos e volcáns máis altos de Asia.[7]
Mazandarán é un importante piscicultor,[8] e a acuicultura proporciona un engadido económico importante á agricultura tradicional predominante.[9] Outra importante contribución á economía é a industria do turismo, pois persoas de todo Irán adoitan visitar a área.[10] Mazandarán é tamén un centro en crecemento de biotecnoloxía.[2]