Migración dos insectos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A migración dos insectos é o movemento estacional dos insectos, especialmente en especies de libélulas, escaravellos, bolboretas e avelaíñas nocturnas. A distancia que cobren pode variar coa especie e, na maior parte dos casos, estes movementos interveñen gran número de individuos. Nalgúns casos, os individuos que migran nunha dirección poden non tornar e na seguinte xeración poden migrar na dirección oposta. Esta é unha diferenza significativa respecto da migración das aves.