Moeda de 5 centavos de dólar Liberty Head
antiga moeda circulante estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
A moeda de 5 centavos de dólar Liberty Head é unha moeda estadounidense dese valor facial cuñada en cuproníquel pola Casa da Moeda dos Estados Unidos desde 1883 ata 1913, caracterizada pola imaxe da deusa da Liberdade do seu anverso.
Moeda de 5 centavos de dólar Liberty Head [1][2] | |
---|---|
1º reverso (1883) Valor. Grilanda floral. UNITED STATES OF AMERICA E PLURIBUS UNUM
|
2º reverso (1883-1913) Valor. Grilanda floral. UNITED STATES OF AMERICA E PLURIBUS UNUM CENTS |
|
A anterior moeda de 5 centavos Shield, tamén de cuproníquel, amosara problemas de produción durante moito tempo e, a principios da década de 1880, o gravador xefe da Casa da Moeda, Charles Barber, recibiu instrucións de preparar o deseño dunha nova moeda de 5 centavos. Logo de aprobado o modelo proposto, a nova moeda entrou en produción en 1883. Durante case trinta anos producíronse grandes cantidades de moedas con este deseño para satisfacer a demanda comercial, sinaladamente á medida que se popularizaban as máquinas que funcionaban con moedas.
A partir de 1911, a Casa da Moeda dos Estados Unidos comezou a traballar para substituír o deseño da cabeza da Liberdade, e en febreiro de 1913 empezouse a producir a nova moeda de 5 centavos Buffalo.
Aínda que oficialmente non se cuñaron moedas de 5 centavos coa cabeza da Liberdade en 1913, coñécese a existencia de cinco exemplares. Non se sabe con certeza como se orixinaron estas pezas, que están entre as máis raras e caras do mundo: unha delas vendeuse en 2018 por 4,5 millóns de dólares.