Mundial de Fútbol de 1938
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1938 (en francés: Coupe du Monde 1938) foi a terceira edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Francia entre o 4 e o 19 de xuño de 1938. O formato do torneo foi igual ao da anterior edición de 1934 en Italia, cunha fase de eliminatorias a partido único. En caso de empate, xogábase unha prórroga de 30 minutos, e se o resultado seguía igual, celebrábase un encontro de desempate ao día seguinte.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Número de participantes | 15 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Stade Victor Boucquey (en) (Lille) Stade Jules Deschaseaux (pt) (Le Havre) Stade Auguste-Delaune (pt) (Reims) Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) (Colombes) Parc des Princes (París) Stade de la Meinau (pt) (Estrasburgo) Parc Lescure (Bordeos) Stade du Fort Carré (pt) (Antibes) Stadium Municipal de Toulouse (Tolosa) Stade Vélodrome (8th arrondissement of Marseille (en) ) |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 4 de xuño de 1938 – 19 de xuño de 1938 |
Número de edición | 3 (1938) |
Competición | |
Primeiro posto | Italia (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 18 |
Goles | 84 |
Gol | Leônidas da Silva↔ Selección de fútbol de Brasil (7) |
Número de espectadores | 369.720 |
O clima prebélico que se vivía antes da segunda guerra mundial marcou o torneo, onde só participaron quince países pola renuncia de Austria. O país centroeuropeo, clasificado para a fase final, fora ocupada pola Alemaña nazi tres meses antes do torneo, tendo os seus xogadores que competir coa selección alemá. Ao igual que no anterior mundial, a gran maioría dos equipos eran do continente europeo (12 de 15). Os países de América do Sur negáronse a participar no torneo en protesta pola elección de novo dun país europeo para albergar o campionato. Os únicos representantes americanos foron o Brasil e debutante Cuba. O outro equipo non europeo do torneo foron as Indias Orientais Neerlandesas (actual Indonesia), que ademais foi o primeiro equipo asiático en participar.[1]
O equipo italiano, vencedor catro anos antes, de novo adxudicouse o título de campión no Stade de Colombes após gañar na final a Hungría por 4 a 2. Entre os italianos destacou Giuseppe Meazza como a grande estrela do equipo. Por outra banda, o seleccionador Vittorio Pozzo foi o primeiro adestrador en gañar a Copa do Mundo en dúas ocasións.[2] O máximo goleador do torneo foi o brasileiro Leônidas. Ao ano despois da finalización do torneo estourou a segunda guerra mundial, o cal produciu que o torneo non se retomase até a edición de 1950 no Brasil.[3][4]