My, bielarusy
From Wikipedia, the free encyclopedia
My, bielarusy (en belaruso: Мы, беларусы; en ruso: Мы, белорусы; "Nós, belarusos") é o título non oficial do himno nacional de Belarús e a primeira liña da súa letra. Oficialmente, My Belarusy titúlase "O Himno Nacional da República de Belarús" (en belaruso: Дзяржаўны гімн Рэспублікі Беларусь, en ruso: Государственный гимн Республики Беларусь). O himno foi escrito e adoptado orixinalmente en 1955 para usarse na República Socialista Soviética de Belarús. A música do himno da RSS de Belarús foi composta por Nestar Sakalowski e a letra foi escrita por Mihas' Klimovich. Despois da caída da Unión Soviética, a música composta por Sakalowski mantívose e a letra foi rexeitada. A nova letra, que estaba escrita por Klimkovich e Uladzimir Karyzny, foi adoptada por un decreto presidencial emitido o 2 de xullo de 2002.
Мы, беларусы | |
---|---|
My, bielarusy | |
En galego: Nós, belarusos | |
Himno de | Belarús |
Letra | Mikhas Klimkovich e Uladzimir Karyzny 2002 |
Música | Niescier Sakałoŭski 1944 |
Adoptado | 24 de setembro de 1955 (música) 2 de xullo de 2002 (letra) |
Mostra da música | |
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |