Orix Buffaloes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Orix Buffaloes (オリックス・バファローズ, Orikkusu Bafarōzu?) son un equipo profesional de béisbol xaponés con sede na cidade de Osaka. O actual equipo foi formado coa fusión no ano 2004 dos Orix BlueWave de Kobe, Hyōgo, e os Kintetsu Buffaloes de Osaka. O equipo xoga actualmente na Liga do Pacífico do Nippon Professional Baseball (NPB). O equipo é propiedade do Grupo Orix, unha empresa de servizos financeiros con sede en Toquio.
Orix Buffaloes | |||
---|---|---|---|
Fundado en 1936 En Osaka desde 2007 | |||
| |||
Liga | |||
Liga | Nippon Professional Baseball | ||
División | Pacific League (1950–presente) | ||
Liga anterior | Japan Baseball League (1936–1949) | ||
Imaxe do equipo | |||
Cores | Marino, dourado, branco | ||
Datos do equipo | |||
Anterior | Hankyu (1936–1946) Hankyu Braves (1947–1988) Orix Braves (1989–1990) Orix BlueWave (1991–2004) | ||
Estadio | Zozo Marine Stadium | ||
Estadios antigos | Takarazuka Kyūjō (1936) Hankyu Nishinomiya Stadium (1937–1990) Kōbe Sōgō-Undō-Kōen Yakyūjō (1991–2004, 2006) | ||
Mascota | Buffalo Bull e Buffalo Bell | ||
Dono | Orix Kabushiki-gaisha | ||
Adestrador | Norifumi Nishimura | ||
Títulos | |||
Nippon S. (5) | 1975, 1976, 1977, 1996, 2022 | ||
Pacific L. (14) | 1967, 1968, 1969, 1971, 1972, 1975, 1976, 1977, 1978, 1984, 1995, 1996, 2021, 2022 |
Tras a fusión dos BlueWave e os Buffaloes en 2005, o novo xogou as súas dúas primeiras temporadas os seus partidos como local un no estadio Hotto Motto Field de Kobe, antigo fogar dos BlueWaves, e outro no Osaka Dome. Posteriormente, desde 2007, o equipo xoga os seus partidos como local en exclusiva no Osaka Dome. O estadio conta con capacidade para 36.146 espectadores. Os Buffaloes posúen catorce títulos da Liga do Pacífico e cinco Series do Xapón (1975, 1976, 1977, 1996 e 2022).